Contribúa a Open Food Facts

Todo o que precisa é actitude de escaneadora! :-)

Podemos facer que a industria da alimentación sexa máis aberta e transparente? Yes we scan! Podemos! 1863 Open Food Facts contributors and growing - Since 2012
Yes we scan! Podemos!

Calquera pode contribuír

Sexa parte da nosa base de datos aberta, comunitaria e libre con produtos de todo o mundo!

Open Food Facts é un proxecto sen ánimo de lucro completamente construído por persoas voluntarias, precisámola a vostede.

Engadir produtos

Use our Android, iPhone or Windows Phone app to easily scan the barcode of products from your home or local stores and upload pictures of their label.

Non ten smartphone? Sen problema: tamén pode utilizar a cámara para engadir produtos directamente no sitio web.

No sitio web pode completar a información de produtos que vostede ou outras engadiron.

Difunda

Gústalle Open Food Facts? Dígallo a outras persoas!

Pode presentarlle o proxecto a familiares e amigos, mostrarlles como instalar a aplicación e contribuír, escribir unha entrada no blog, compartir Open Food Facts nos medios sociais...

E presentalo ao vivo! Nos presentamos Open Food Facts para audiencias moi diferentes e múltiples escenarios, e sempre temos unha resposta entusiasta cando mostramos o que se pode facer cando os datos dos produtos son públicos. Temos moito material de promoción (tarxetas etc.) que vostede pode adaptar ou presentar tal cal.

Traduza

Pode axudar a traducir o sitio web e a aplicación móbil ao seu idioma, traducir as presentacións, anuncios etc.

Podemos traballar xuntas para dar soporte e engadir etiquetas locais, descodificar códigos de envase locais para poder facer seguimento de produtos etc.

Inicie ou únase a comunidades locais de contribuíntes: engada produtos locais, informe aos amigos, presente o proxecto en encontros da comunidade e conferencias etc.


Precisamos axuda de expertas

Precisamos persoas expertas e con coñecemento especializado en múltiples áreas para desenvolver Open Food Facts:

  • Xestión de proxectos

    Temos moitas ideas e probablemente vostede aínda máis, pero é un desafío establecer prioridades, establecer unha ruta, e xestionar proxectos cando cada persoa é voluntaria e normalmente con tempo dispoñible limitado.

  • Deseño

    Precisamos construír un sitio web e aplicación móbil para Open Food Facts que proporcione unha mellor experiencia de usuaria, mellorar o deseño, crear presentacións de impacto, material promocional etc.

  • Desenvolvemento

    We have a lot of development work to do: on the Open Food Facts backend (Perl and MongoDB), API (JSON), web site (HTML5, JS, Foundation), iOS / Android / Windows Phone apps (a Java/Kotlin version on Android, and an hybrid version on iOS currently developed in HTML and JS with Apache Cordova / Phonegap for iOS, with a Swift version that needs volunteers), to build new cool reuses etc. We have projects in many programming languages to ensure anyone can reuse and contribute to Open Food Facts, in any language. We also have a growing Artificial Intelligence effort to simplify contribution work. O noso código está en GitHub.

  • Construíndo Comunidade

    Precisamos construír comunidades locais en todos os países e ao mesmo tempo unilas todas globalmente.

    É moi complicado iniciar unha comunidade local nun país si non se vive alí, así que a súa axuda é fundamental para atopar as primeiras persoas moi motivadas para participar. É vostede unha delas?

  • Comunicación

    Non sabemos moi ben que escribir aquí, podería axudarnos?

    Xa en serio, hai moitas cousas que usuarias, contribuíntes e reutilizadoras fan con Open Food Facts, estaría moi ben que máis xente o soubese. In particular, we need help for public and media relations.

  • Proxectos especiais

    Hai moitas e interesantes aplicacións de datos de alimentos abertos cos que podemos traballar as axencias gubernamentais de alimentación, produtores de alimentos, investigadores, universidades, escolar, ONGs etc. Quizáis vostede ten algunha idea? Si é asi, por favor axúdenos a sacalas adiante.


Falemos!

Moitas ideas, entusiasmo e enerxía son comúns as nosas persoas contribuíntes, únase!

Aquí ten algúns lugares onde pode atopar a outras persoas contribuíntes, falar con elas e traballar con elas:

  • Slack

    Slack é o mellor xeito de relacionarse e colaborar con outras contribuíntes, desenvolvedoras e reutilizadoras. É un foro de discusión ao que pode acceder desde o móbil ou o navegador. Mudou completamente o xeito en que traballamos xuntas. Por favor, próbeo, pulse no botón inferior para ser convidada ao noso Slack.

  • Grupos de Facebook

    Temos grupos de Facebook para contribuíntes de Open Food Facts en moitos idiomas. Unirse a eles é un bo xeito de ter novas sobre este proxecto e compartir anuncios con unha audiencia máis ampla.

  • Wiki

    Tamén temos unha wiki que utilizamos para documentar de xeito colaborativo Open Food Facts e os seus subproxectos. Tamén utilizamos a wiki para xestionar as traducións e traballar nas taxonomías / xerarquías de categorías, etiquetas etc.


Hai moitos xeitos de contribuír a Open Food Facts, por favor únase a nos en Slack e inicie a conversa!